Va pensiero, da ópera Nabucco de Verdi, vén sendo case o segundo himno italiano, peza coral moi coñecida en todo o mundo. Aquí lles ofrecemos unha versión co Orfeón Donostiarra como protagonista.
Archive for Agosto, 2008
Va pensiero – Nabucco – Verdi
Publicado 17 Agosto 2008 Música para escoitar Deixa un ComentarioTags: Orfeón Donostiarra, Verdi
Quinteto KV 581 – Mozart
Publicado 10 Agosto 2008 Música para escoitar Deixa un ComentarioTags: clarinete, KV581, Mozart
Mozart foi un dos compositores que lle adicou un papel relevante ao clarinete como instrumento solista, como integrante dun conxunto de cámara ou coma un instrumento que forma parte da orquestra. Exemplos témolos dabondo: o concerto para clarinete, o clarinete en A Frauta Máxica ou este quinteto que hoxe brindámoslles para degustar.
O quinteto KV 581 para clarinete e cordas é un exemplo clarísimo de empaste dun instrumento de vento madeira como o clarinete cun cuarteto de cordas. Ademais, a grande riqueza melódica que ofrece é outro exemplo da grande inventiva e inspiración do compositor. Por outra banda, non debemos esquecer o significado simbólico que para Mozart posuía o clarinete.
Pois nada, a gozar con este quinteto, no seu primeiro movemento, Allegro, con Sabine Meyer ao clarinete e o cuarteto Hagen, intérpretes de luxo…
A Sinfonía nº 3 de Beethoven pola Sinfónica de San Francisco
Publicado 4 Agosto 2008 Uncategorized Deixa un ComentarioTags: Beethoven, Sinfónica de San Francisco
A Sinfónica de San Francisco (SFS) con Michael Tilson Thomas está a facer o grande labor de achegarlle as grandes obras sinfónicas de todos os tempos ao público dun xeito moi didáctico. Nesta liña, atopamos un material que facilita a comprensión da Terceira Sinfonía “Heroica” de Beethoven en Mi bemol Maior.
Pódese seguir a partitura, ver á vez un vídeo sincronizado coa mesma e seguir explicacións sobre a forma, a instrumentación, as tonalidades polas que transcorre esta obra. Todo en inglés, pero coa linguaxe musical xa saben que non hai fronteiras…