For all we know – Nina Simone

Nina Simone,  unha muller comprometida coa defensa dos dereitos civís en Estados Unidos, unha artista que non se pode encasillar, unha artista orixinal, cunha impresionante técnica pianística ao servizo da expresión dos sentimentos máis profundos, cunha voz de contralto especial e cun estilo mestura da fusión de elementos procedentes do soul, do rythman-blues, do jazz, do blues e da música clásica. As súas actuacións transmiten pasión, non deixan ao oínte en absoluto indiferente, son, moitas veces, conmovedoras e chegan ao corazón directamente.

Fíxense neste trío gravado en 1961, de aí a mala calidade sonora, pero que resulta unha versión incriblemente única e orixinal da canción For all we know.

Aquí teñen a versión gravada en disco, para que aprecien a diferenza.

E como propina, coma nos concertos, unha versión “diferente” en directo correspondente ao Festival de Jazz de Montreux da súa famosísima My Babe Just Cares for me.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s