Isidro Vidal, no seu sitio Hitzez, segue a sorprendernos con preciosas presentacións con música. Este vez o tema é a chuvia, coa música do segundo movemento do concerto para violín de Vivaldi, O Inverno. Neste tema, os pizzicatos da corda quere asemellar o repeniques das gotiñas de auga no cristal da fiestra, mentres que o violín solista interpreta unha belísima melodía chea de morriña…
Páxina 2 do arquivo
A chuvia – O inverno – Vivaldi
Published 7 Febreiro 2008 Música para escoitar Deixa un ComentarioTags: Vivaldi
En 1977, o animador italiano Bruno Bozzetto estrenou Allegro ma non troppo, unha película do estilo de Fantasía de Disney, pero con claro sabor europeo… Poden ver este vídeo coma mostra cunha versión da “Danza eslava nº 7 Op. 46” de Antonin Dvorak :
Para máis referencias de vídeos, consultar o artigo de Retroklang titulado Fantasía italiana
Aleluia – O Mesías – Haendel – BO NADAL
Published 22 Decembro 2007 Música para escoitar Deixa un ComentarioBO NADAL!
O profesor Isidro Vidal, no seu sitio web Hitzez felicítanos o Nadal cunha montaxe espectacular en imaxes e música (Aleluia-Mesías-Haendel).
Este cuarteto de frautas de pico interepreta xenialmente unha versión baseada, á vez, na versión que J.S. Bach realizou para órgano do terceiro movemento do Concerto grosso para violín en re menor RV565 de Vivaldi.
Nun komm der Heiden Heiland
Published 16 Novembro 2007 Música para escoitar Deixa un ComentarioTags: , órgano, Bach
A música de órgano de Bach oscila entre o recollemento e a meditación da meirande parte dos seus corais e a grandiosidade e espectacularidade dos seus preludios e fugas.
Hoxe traemos a CaixadeMusicas un coral marabilloso: Nun komm der Heiden Heiland, BWV 659, a dous teclados e pedal. Pertence á colección de Leipzig. Nesta peza, o compositor vai desenvolvendo a melodía do coral por frases cun estilo imitativo adornado. Aquí soa a versión de T. Koopman, no órgano construido por Silbermann en 1714 de Saxony, Alemaña…
Agora semella que avanzamos no tempo e situámonos nunha época contemporánea. Que soa? Un reloxio? Un violonchelo? Unha guitarra? Si, pero… non. É un piano… pero preparado. Poden gozar desta auténtica mostra de como sacar o máximo partido a un piano, instrumento de corda percutida… A obra titúlase Entrad, de Stephen Scott.
Interpretando a Bach nunha marimba
Published 27 Outubro 2007 Música para escoitar Deixa un ComentarioTags: Bach, marimba
A marimba é un instrumento de percusión, de láminas, de son determinado, idiófono. Pódese interpretar unha melodía con el e tamén facer polifonía. Observen neste vídeo a grande musicalidade do intérprete nunha versión da fuga en re menor para violín de J.S. Bach.
Polifonía significa varias melodías que soan á vez. Comezou a desnvolverse na Idade Media, a partires do Canto Gregoriano, e alcanzou cotas de perfección impensables no Renacemento e no Barroco.
Nos seus inicios, os creadores de música polifónica partían dun canto gregoriano á que lle engadían unha melodía paralela por cuartas, quintas ou oitavas. Era o que se coñecía co nome de organum.
Un exemplo claro, feito no século XX, sería este magnífico vídeo de Les Luthiers…
Levamos algunhas horas de outono, esa estación morriñenta, na que a luz diminúe e a vexetación cambia a fermosas cores ocres.
Isidro Vidal acaba de realizar unha magnífica presentación baseándose no tema do Concerto para Violín en Fa maior O Outono de Vivaldi e nunhas fotografías de dominio público. É unha gozada escoitar a música e ver esta montaxe. ¡A disfrutar!
Hai uns días que notamos a súa ausencia, aínda que a súa presencia nos medios siga a deixar pegadas na nosa memoria. O que máis me gusta del, falo en presente porque afortunadamente quédannos as súas gravacións, é o precioso timbre de voz con que a natureza o dotou e que puliu co seu traballo e tamén a facilidade para cantar.
Coma homenaxe, traemos a este espazo un SlideCast moi ben feito por Isidro Vidal e publicado na súa páxina.