Páxina 3 do arquivo

Uns días sen Pavarotti…

Hai uns días que notamos a súa ausencia, aínda que a súa presencia nos medios siga a deixar pegadas na nosa memoria. O que máis me gusta del, falo en presente porque afortunadamente quédannos as súas gravacións, é o precioso timbre de voz con que a natureza o dotou e que puliu co seu traballo e tamén a facilidade para cantar.

Coma homenaxe, traemos a este espazo un SlideCast moi ben feito por Isidro Vidal e publicado na súa páxina.

A música de cine BSO

As Bandas Sonoras Orixinais constitúen un xénero musical importante onde atoparnos con compositores e momentos musicais impresionantes. Estes días puiden escoitar e ver no Canal Clásico o concerto que Trevor Jones dirixíu á OCRTVE o ano pasado con motivo de Soncinemad. Soaba a súa propia música e hei de dicir que disfrutei moitísimo, en especial, dalgúns intres espectaculares conseguidos cunha orquestra completa reforzada con guitarra, baixo eléctrico, acordeón, sintetizador… e un coro feminino. Por certo, no mercado podemos atopar un disco con este concerto.
Hai tamén moitos outros estupendos compositores como John Williams, John Barry, Ennio Morricone e moitos máis…

Para adentrarse neste mundo, propoñemos dúas páxinas:

Minueto de “A Arlesiana” de Bizet

A Arlesiana constitúe unha obra excepcional para adentrarse nos praceres da boa música. Das dúas suites de Bizet, escollemos o Minueto da Suite nº 2.

Comeza cun tema suxestivo, moi suave, a cargo da frauta e da harpa. Segue un tutti orquestral. Volve a aparecer logo o tema coa frauta, o fagote e a harpa nun segundo plano.

Interesante para recoñecer os timbres destes tres instrumentos así como a estructura ternaria, tres seccións, ABA’.

En Barco – Debussy

Hoxe, día 21 de xuño, celébrase en toda Europa o Día da Música. Ademais, hoxe, aproximadamente ás 21 h. comeza o verán.

Unindo as dúas celebracións, eliximos un peza musical para festexalas. Trátase de “En bateau” (En barco) da Pequena Suite para Orquestra de Debussy. Música tranquila, agradable, relaxante, evocadora de suaves ondas e sons mariños…

Bach… outra vez!

Sí, outra vez… Bach. Agora coas voces de King’s Singer, nunha interpretación titulada “Deconstructing Johann“. Ademáis, con subtítulos en Castelán. Simplemente… ¡xenial!

A OSG cumpre 15 anos

A Orquestra Sinfónica de Galicia OSG está a piques de cumprir 15 anos. ¡Parabéns!

O 15 de maio de 1992, baixo a batuta de Sabas Calvillo, iniciou a súa singladura esta orquestra galega formada nese tempo por 72 músicos de máis de 20 nacionalidades. O traballo diario e a gran cantidade de concertos organizados, os directores que traballan con ela e unha boa xestión levaron a esta nosa orquestra a ser considerada unha das mellores de España. Os proxectos musicais que se están a desenvolver (Festival Mozart, coro, coro xove, orquestra xove) así como as actividades pedagóxicas que realiza están a crear na súa cidade unha canteira importante de oíntes e afeccionados que augura un interesante e próspero futuro. Tamén o número de músicos da terra aumentou co paso do tempo debido a estas iniciativas.

Desexamos que o espíritu de superación de todos os seus integrantes siga a dar tan bos resultados. Aproveitamos para expresar un desexo persoal: que se prodiguen máis polo sur de Galicia.

¡Parabéns!

Comezan as mobilizacións

Comezan as mobilizacións. ASOMUSICA invita a todos os centros de Galicia a unha concentración o día 21 de marzo na Praza da Quintana de Santiago ás 11 h. para apoiar o ensino das Artes (Plástica e Música) na ESO. Será unha xornada de portas abertas co obxectivo de amosar o traballo que se desenvolve nas aulas nestas dúas asignaturas e sensibilizar á sociedade ante a perda de horario na implantación da LOE. Máis información nesta ligazón.

O Canon de Pachelbel…

Este vídeo amosa como ao protagonista persíguelle o Canon de Pachelbel. É un simpático documento. Entre bromas amosa como a sucesión de acordes de dito canon está presente na música actual…

WordPress.com en Galego

Antes de escomezar a singladura en Galego desta bitácora, quería facer un chamamento á comunidade en Galego aloxada neste sitio para que traduza á nosa lingua esta ferramenta e sexa posible crear unha bitácora totalmente en Galego en WordPress.com.

Como xa sabedes, isto é posible facelo en Translate

« Páxina Anterior