Máis música aquí…
Máis música no blog de Musicanaescola
A música de cine BSO
As Bandas Sonoras Orixinais constitúen un xénero musical importante onde atoparnos con compositores e momentos musicais impresionantes. Estes días puiden escoitar e ver no Canal Clásico o concerto que Trevor Jones dirixíu á OCRTVE o ano pasado con motivo de Soncinemad. Soaba a súa propia música e hei de dicir que disfrutei moitísimo, en especial, dalgúns intres espectaculares conseguidos cunha orquestra completa reforzada con guitarra, baixo eléctrico, acordeón, sintetizador… e un coro feminino. Por certo, no mercado podemos atopar un disco con este concerto.
Hai tamén moitos outros estupendos compositores como John Williams, John Barry, Ennio Morricone e moitos máis…
Para adentrarse neste mundo, propoñemos dúas páxinas:
Bach… outra vez!
Sí, outra vez… Bach. Agora coas voces de King’s Singer, nunha interpretación titulada “Deconstructing Johann“. Ademáis, con subtítulos en Castelán. Simplemente… ¡xenial!
A OSG cumpre 15 anos
A Orquestra Sinfónica de Galicia OSG está a piques de cumprir 15 anos. ¡Parabéns!
O 15 de maio de 1992, baixo a batuta de Sabas Calvillo, iniciou a súa singladura esta orquestra galega formada nese tempo por 72 músicos de máis de 20 nacionalidades. O traballo diario e a gran cantidade de concertos organizados, os directores que traballan con ela e unha boa xestión levaron a esta nosa orquestra a ser considerada unha das mellores de España. Os proxectos musicais que se están a desenvolver (Festival Mozart, coro, coro xove, orquestra xove) así como as actividades pedagóxicas que realiza están a crear na súa cidade unha canteira importante de oíntes e afeccionados que augura un interesante e próspero futuro. Tamén o número de músicos da terra aumentou co paso do tempo debido a estas iniciativas.
Desexamos que o espíritu de superación de todos os seus integrantes siga a dar tan bos resultados. Aproveitamos para expresar un desexo persoal: que se prodiguen máis polo sur de Galicia.
¡Parabéns!
O Canon de Pachelbel…
Este vídeo amosa como ao protagonista persíguelle o Canon de Pachelbel. É un simpático documento. Entre bromas amosa como a sucesión de acordes de dito canon está presente na música actual…