Im Abendrot – Richard Strauss

Richard Strauss é un compositor moi interesante xa que pertence ao post-romanticismo e aínda que non está no camiño da ruptura da tonalidade ten unha linguaxe a medio camiño entre a tradición máis pura e a vangarda.

Os “Catro últimos lieders” amosan variedade de atmosferas sonoras dentro do xénero da canción con orquestra. O tratamento orquestral é fermoso e cheo de momentos de grande expresividade tímbrica que contrastan con momentos melódicos apaixoados, tenebrosos ou cheos de calma. Para nós, o outono, a sombra, a morriña, a paixón, a resignación incluso… son algunhas imaxes e sentimentos que albiscamos nestas catro pezas.

Im Abendront trata sobre o solpor, sobre a soidade nesta hora que sinte unha parella, sobre a paz e a serenidade desta hora, e unha pregunta eríxese ao final: será a morte?.  Renee Fleming interpreta este lied neste vídeo. Fíxense que o título da páxina onde está aloxado o vídeo non é o correcto.

O pastor na rocha – Schubert – Lieder

Schubert é un compositor no que a inventiva melódica e o tratamento harmónico cobran unha grande viveza e expresividade extraordinarias. Entre os recursos que o compositor domina e sácalle o mellor partido está a modulación.

Os lieders de Schubert constitúen un auténtico corpus da canción tripartita romántica. Este que lles presentamos posúe unha singularidade chamativa. Titúlase “O pastor na rocha” ou “Der Hirt auf dem Felsen”. A singularidade é a distribución tímbrica, para piano, clarinete e soprano (caso pouco frecuente), o papel importante do clarinete e o papel secundario do piano.

Poden ampliar información e escoitar varias versións do mesmo nesta páxina de Cantan ellas

Por outra banda, poden disfrutar da partitura nestes dous xeniais vídeos:

Va pensiero – Nabucco – Verdi

Va pensiero, da ópera Nabucco de Verdi, vén sendo case o segundo himno italiano, peza coral moi coñecida en todo o mundo. Aquí lles ofrecemos unha versión co Orfeón Donostiarra como protagonista.

Quinteto KV 581 – Mozart

Mozart foi un dos compositores que lle adicou un papel relevante ao clarinete como instrumento solista, como integrante dun conxunto de cámara ou coma un instrumento que forma parte da orquestra. Exemplos témolos dabondo: o concerto para clarinete, o clarinete en A Frauta Máxica ou este quinteto que hoxe brindámoslles para degustar.

O quinteto KV 581 para clarinete e cordas é un exemplo clarísimo de empaste dun instrumento de vento madeira como o clarinete cun cuarteto de cordas. Ademais, a grande riqueza melódica que ofrece é outro exemplo da grande inventiva e inspiración do compositor. Por outra banda, non debemos esquecer o significado simbólico que para Mozart posuía o clarinete.

Pois nada, a gozar con este quinteto, no seu primeiro movemento, Allegro, con Ana Catalina Ramirez Castrillo ao clarinete e intérpretes de corda da Boston Philharmonic.

A Sinfonía nº 3 de Beethoven pola Sinfónica de San Francisco

A Sinfónica de San Francisco (SFS) con Michael Tilson Thomas está a facer o grande labor de achegarlle as grandes obras sinfónicas de todos os tempos ao público dun xeito moi didáctico. Nesta liña, atopamos un material que facilita a comprensión da Terceira Sinfonía “Heroica” de Beethoven en Mi bemol Maior.
Pódese seguir a partitura, ver á vez un vídeo sincronizado coa mesma e seguir explicacións sobre a forma, a instrumentación, as tonalidades polas que transcorre esta obra. Todo en inglés, pero coa linguaxe musical xa saben que non hai fronteiras…

Terceira Sinfonía pola SFS

Prólogo Cantigas Alfonso X

En Nos vemos en el Blog, a profesora Marian tráenos un traballo sobre as Cantigas a Santa María de Alfonso X O Sabio. Ilustra o mesmo cunha audición sobre a cantiga que fai de prólogo onde o trovador pídelle permiso á Virxe María para trovar…

A chuvia – O inverno – Vivaldi

Isidro Vidal, no seu sitio Hitzez, segue a sorprendernos con preciosas presentacións con música. Este vez o tema é a chuvia, coa música do segundo movemento do concerto para violín de Vivaldi, O Inverno. Neste tema, os pizzicatos da corda quere asemellar o repeniques das gotiñas de auga no cristal da fiestra, mentres que o violín solista interpreta unha belísima melodía chea de morriña…

Vídeos de animación

En 1977, o animador italiano Bruno Bozzetto estrenou Allegro ma non troppo, unha película do estilo de Fantasía de Disney, pero con claro sabor europeo… Poden ver este vídeo coma mostra cunha versión da “Danza eslava nº 7 Op. 46” de Antonin Dvorak :

Para máis referencias de vídeos, consultar o artigo de Retroklang titulado Fantasía italiana

Aleluia – O Mesías – Haendel – BO NADAL

BO NADAL!

O profesor Isidro Vidal, no seu sitio web Hitzez felicítanos o Nadal cunha montaxe espectacular en imaxes e música (Aleluia-Mesías-Haendel).

 

Un xenial cuarteto de frautas…

Este cuarteto de frautas de pico interepreta xenialmente unha versión baseada, á vez, na versión que J.S. Bach realizou para órgano do terceiro movemento do Concerto grosso para violín en re menor RV565 de Vivaldi.