Un xenial cuarteto de frautas…
Este cuarteto de frautas de pico interepreta xenialmente unha versión baseada, á vez, na versión que J.S. Bach realizou para órgano do terceiro movemento do Concerto grosso para violín en re menor RV565 de Vivaldi.
Nun komm der Heiden Heiland
A música de órgano de Bach oscila entre o recollemento e a meditación da meirande parte dos seus corais e a grandiosidade e espectacularidade dos seus preludios e fugas.
Hoxe traemos a CaixadeMusicas un coral marabilloso: Nun komm der Heiden Heiland, BWV 659, a dous teclados e pedal. Pertence á colección de Leipzig. Nesta peza, o compositor vai desenvolvendo a melodía do coral por frases cun estilo imitativo adornado. Aquí soa a versión de T. Koopman, no órgano construido por Silbermann en 1714 de Saxony, Alemaña…
Interpretando a Bach nunha marimba
A marimba é un instrumento de percusión, de láminas, de son determinado, idiófono. Pódese interpretar unha melodía con el e tamén facer polifonía. Observen neste vídeo a grande musicalidade do intérprete nunha versión da fuga en re menor para violín de J.S. Bach.