Arquivo por etiquetas: Vivaldi

A mandolina e Vivaldi

A mandolina é un instrumento cordófono de catro cordas dobres que se pulsan con plectro. A súa caixa de resonancia pode ser cóncava ou plana. A primeira vez que aparece citada a palabra mandolina sucedeu en 1563 para referirse a un instrumento máis pequeno ca a mandola. Hoxe en día a mandolina emprégase na música folk de varios países. En España, a bandurra substitúe á mandolina.

Vivaldi compuxo un concerto para mandolina RV 425. Vivaldi segue fiel ao seu estilo e a música flúe coma un torrente cheo de vida. É unha música que esperta sentimentos de ledicia. Escoitamos o primeiro movemento deste concerto en Do maior, interpretado por Jacob Reuven:

Advertisement

A chuvia – O inverno – Vivaldi

Isidro Vidal, no seu sitio Hitzez, segue a sorprendernos con preciosas presentacións con música. Este vez o tema é a chuvia, coa música do segundo movemento do concerto para violín de Vivaldi, O Inverno. Neste tema, os pizzicatos da corda quere asemellar o repeniques das gotiñas de auga no cristal da fiestra, mentres que o violín solista interpreta unha belísima melodía chea de morriña…

Un xenial cuarteto de frautas…

Este cuarteto de frautas de pico interepreta xenialmente unha versión baseada, á vez, na versión que J.S. Bach realizou para órgano do terceiro movemento do Concerto grosso para violín en re menor RV565 de Vivaldi.